23.11.08

III Encontro Poético !

PROGRAMME DE LA III RENCONTRE DE POESIE ET DE POETIQUES GALICIENNE, OCCITANE ET CATALANE (mise à jour du 27 novembre)

organisée par Casa de Galicia de Toulouse avec la collaboration d'Instituto Cervantes et Xacobeo


Première semaine : Récitals poétiques et hommage à Luz Pozo Garza


Vendredi 5 décembre

10h30 Visite de la ville : Rive Droite
15h00 Conférence de la poète et chercheuse Olga Novo autour de Luz Pozo Garza
16h00 Table ronde et débat Luces incidentes: des femmes auteurs dans des espaces lyriques minoritaires
17h00 Lectures poétiques : Luz Pozo Garza, Olga Novo, Ana Romaní, Aurélia Lassaque, Sylvie Berger, Anna Almazán...
18h30 Clôture musicale


Samedi 6 décembre

10h00 Visite de la ville : Rive Gauche
12h00 Repas littéraire à la péniche L’Occitania : lecture ouverte des poèmes et intervention musique traditionnelle



Deuxième semaine : Hommage à Marie Laffranque, présentation de la traduction au français de A Erótica, de X L Méndez Ferrín

Vendredi 12 décembre
(en préparation, quelques intervenants à confirmer)

15h00 Table ronde autour de la personnalité et l’œuvre de Marie Laffranque : Vincent Ozanam, Xavier Queipo…
16h30 Lecture des versions galicienne et française de A Erótica de X L Méndez Ferrín (traduction de Marie Laffranque)
17h00 Clôture musicale
18h00 Vin d’honneur



Pour plus d'information :

casadegaliciatoulouse@hotmail.com
06.81.24.77.82
06.66.18.24.78

20.9.07

Casa de Galicia de Toulouse: o ano 2006 en poucas verbas…

Comenzamos o ano cultural cunha conferencia de Xosé Antón Pérez Bouza, co tema A poesía galega de tradición oral. Tivo lugar o 21 de xaneiro de 2006 na Sala de Conferencias de Casa de España e estivo seguida dun aperitivo para todos os socios. Xosé Antón explicou a importancia da lírica de tradición oral na literatura popular galega e como serviu para para manter vivas as raíces da cultura galega, incluso nos momentos nas que esta estivo mais desfavorecida.

As conferencias de Xosé Antón Pérez Bouza, tanto as monográficas coma as de inauguración de cada acto conmemorativo das Letras Galegas, son moi apreciadas por todos nós, pois nos mostra o valor da nosa literatura dentro e fora do país e nos axuda a valorala e respetala.

O 18 de marzo, contamos coa presencia de María Rosa Lojo, que presentou o seu libro Finisterre na librería Terra Nova e posteriormente na Sala de Conferencias de Casa de España. A autora, nacida en Bos Aires, filla de españoles, falounos da emigración e dos vínculos culturais e afectivos dos fillos de emigrados co país de orixe dos seus pais. Contounos que o seu pai, galego republicano, tivo que exiliarse en Arxentina despois da guerra civil, que na súa familia sempre estivo presente a idea de voltar a España e cómo inflúe na súa obra esta “doble nacionalidade” que se crea entre a cultura da familia e a cultura do país de acollida.

Maria Rosa estaba invitada no coloquio internacional Formes et Processus transculturels en Amérique latine, organizado pola Université de Toulouse-Le-Mirail, e aproveitou a ocasión para achegarse a nosa Casa de Galicia. Días mais tarde presentou en Santiago a traducción da súa novela ao galego: A fin da terra, publicada pola editorial Galaxia.

No mes de marzo tamén, Casa de Galicia presentou outro libro: esta vez foron as nosas Actas do I Encontro de Poesía e Poéticas Galega, Occitana e Catalana. Memoria de linguas e de augas, en Marsella, no marco da colaboración co Centro Galego de Marsella.

Tamén co Centro Galego de Marsella celebramos o Día das Letras Galegas. O 13 de maio todos disfrutamos dunha cea literaria que incluiu a conferencia de Xosé Antón Pérez Bouza, co tema sobre o persoeiro do ano, a actuación do grupo folklórico “Fentos e Toxos”.

A relación que temos co Centro Galego de Marsella é moi interesante e é para nós un gran reto para o próximo ano 2007 poder reforzar os lazos que se están creando con esta asociación. Coa axuda de Maite, a presidenta marsellesa, esperamos poder crear un verdadeiro proxecto cultural compartido e facer mais intercambios cos nosos irmáns da cidade mediterránea.

No marco das celebracións das Letras Galegas, o día 19 de maio, Xosé Lois García presentounos un ineteresante traballo sobre García Lorca e Galicia, na Sala de Conferencias de Instituto Cervantes. Falou, entre outras cousas, dos famosos poemas galegos do poeta de Granada e da súa amizade con Eduardo Blanco Amor, escritor galego.

Xosé Lois García, lingüista e recoñecido poeta, vive e traballa en Cataluña, onde é un dos mais activos defensores da lingua galega. E especialista, ademais, en literatura portuguesa.

Como xa é un clásico dende hai anos, Casa de Galicia de Toulouse participou no Forom des Langues, no Capitole, os días 27 e 28 de maio. Por primeira vez na súa historia, o Forom estivo dividido en dúas xornadas, unha de apertura, con actuacións musicais, teatrais e recitais literarios, e a tradicional feira de libros cos debates e a presencia de todas as asociacións. O sábado a Capitada inaugurou unha nova forma de entender o multilingüismo e de festexar a diversidade das linguas que se poden escoitar en Toulouse e nós quixemos estar presentes: a actuación de Metátese Teatro trouxo dende Palas de Rei a un grupo de mozos entusiastas que ofreceron unha peza en galego, moi orixinal e apreciada polos nosos socios.

A continuación, saíndo dunha para meternos noutra, fixemos a Homenaxe a Ramón Chao. Esta consistiu na presentación do último libro de Ramón na librería Terra Nova, o 5 de maio, e ao día seguinte, na Sala de Conferencias de Instituto Cervantes unha serie de intervencións sobre a obra literaria e periodística de Chao.

Ignacio Ramonet (director de Le Monde Diplomatique), Michèlle Gazier (escritora, traductora e crítica literaria), Jean Alsina (catedrático da Universidade de Toulouse-Le Mirail) e Teresa Rodríguez (profesora da Universidade de Toulouse-Le Mirail) falaron dos diferentes aspectos da obra de Ramón Chao. Posteriormente, o propio Chao presentou con José María Berzosa, a histórica entrevista a Onetti. Ambos contaron despois unha morea de anécdotas da súa actividade periodística.

Esta homenaxe pechouse coa lectura de diferentes extractos da obra de Ramón Chao traducida ao galego, occitán, español e francés, e a actuación do cantoautor Roberto Sobrado.


Tras ter descansado uns días, enviamos unha representación de Casa de Galicia á Festa das Linguas de Decazeville, o 10 de xullo. Decazeville foi antiguamente unha cidade de gran actividade mineira que recolleu, en diferentes olas de emigración, moitísimos traballadores de todas as orixes e procedencias. Para conmemorar esta multiculturalidade, a asociación Mescladis celebra cada ano esta festa sobre as linguas, na que participamos este ano por primeira vez.


Parece que logo estivesemos sen facer nada durante uns meses, mais non foi tal: a organización do II Encontro de poesía e poéticas galega, occitana e catalana: Arte de Migrar levounos tempo e reclamou a nosa concentración. Quixemos destacar este ano a importancia da (e)migración e do territorio, por iso decidimos ofrecer unha homenaxe a Xosé Neira Vilas, Jordi Pere Cerdà e Bernard Lesfargues.


Comenzamos coa inauguración da exposición bibliográfica Arte de Migrar, no Atrium de la Biblothèque de l’Université de Toulouse-Le Mirail, o día 30 de novembro. Na exposición podíanse ver as obras dos autores participantes no encontro e dos autores homenaxeados, así como unha pequena exposición fotográfica sobre os tres escritores cunha pequena reseña bibliográfica.


Ao día seguinte pola mañán, na Salle du Conseil de la Présidence, Université de Toulouse-Le Mirail, leváronse a cabo unhas lecturas poéticas en homenaxe a Neira Vilas, Cerdà e Lesfargues, o que rematou os actos que se celebraron no seo da universidade, en colaboración co CADIST.


Pola tarde o encontro cambiou de escenario e trasladouse ao Instituto Cervantes. A mesa redonda Dun territorio a outro, dunha lingua a outra. Lingua e creación dende o exterior, abriu a sesión. Posteriormente, os poetas invitados recitaron as súas respectivas obras (Ursula Heinze, Vicente Araguas, Xabier Queipo, Xosé Antón Pérez Bouza – para o galego–, Bernard Lesfargues, Aurélie Lassaque, Ulrike Brummert, Joan Pèire Tardiu – para o occitán–, Manuel Costa Pau, Albert Mestres, Joan Pere Sunyer, Carme Badía – para o catalán). Como nota persoal recordaremos que Fátima recitou un dos seus poemas, de forma totalmente improvisada e diríamos que case obligada polo contexto: deberemos agradecer a Vicente Araguas a súa insistencia e a simpática presentación dos poemas de Fátima.


A tarde contou tamén coa presencia da cantante Uxía, que interpretou cancións de diversas orixes e que foi moi apreciada polo público asistente. A presencia da cantante fóra confirmada apenas uns días antes, polo que resultou unha sorpresa para a maioría dos socios.

Un xantar literario nunha péniche clausurou esta segunda bienal de poesía, o sábado 2 de decembro.


Con motivo deste II Encontro de poesía e poéticas galega, occitana e catalana: Arte de Migrar Casa de Galicia publicou unhas separatas cun exemplo da obra de Neira Vilas, Jordi Pere Cerdà e Bernard Lesfargues. Esta edición pentalingüe ten tirada limitada a 120 exemplares foi regalada aos participantes no acto e será entregada a todos os socios como conmemoración do acto.



E xa non fixemos mais nada, aparte de ir á radio, organizar un baile, escribir este boletín e facer todos os papeleos para cerrar o ano administrativo…

19.9.07

de volta / de retour / we're back !!!!

despois de tanto tempo, retomamos hoxe o noso blog.

poremos ao dia o resumo de actividades do ano pasado e faremos a lista das de 2007.

polo momento, velai vos vai unha bonita paxina web:

http://www.galiciantunes.com/

disfrutade.

9.4.05

letras galegas 2005

lembrade todos e todas para apuntarse ao festival das letras galegas do sabado 14 de maio, tendes que chamar a calquera dos membros da directiva ou deixar un cheque no local, ok?

velaí vos vai o link de erguedela de regalo.

c’est cadeau!

9.2.05

novo programa do 2005

RESUME DE ACTIVIDADES PREVISTAS NO ANO 2005


Lingua e literatura:

- Celebración do Día das Letras Galegas: semana adicada a celebrar as literatura galega. Sábado 14 de Maio: cea e espectáculo: cea de reunión dos socios de Casa de Galicia. Actuación do Grupo de Cantareiras de Casa de Galicia de Valladolid.

- Redacción, edición e publicación das actas do I Encontro de Poesía e Poéticas Galega, Occitana e Catalana: Memoria de linguas e de augas (data de publicación prevista: Xuño 2005).



Camiño de Santiago:

- I Xornadas de Coñecemento do Camiño de Santiago:

Sábado 25 de Xuño: excursión a Ariège para visitar Saint Lizier e o Mas d’Azil, por onde pasa a parte do camiño coñecida como “Voie du Piémont Pyrénéen”. Visitas as igrexas románicas do camiño e artesanía do Couserans.

Exposición sobre o Camiño de Santiago (datas a confirmar según disponibilidade de sala de exposición).



Exposicións diversas:

- Exposición sobre o cómic: introducción á realización do cómic: debuxo e etapas da edición. Presentación dos autores galegos máis coñecidos. Septembro 2005.

- Exposición sobre a emigración galega en Francia: percorrido pola historia da emigración política ou económica en Francia no século XX. Colaboración da Université de Toulouse-Le Mirail a confirmar. Outubro 2005.

- Concurso e exposición de pintura: II Concurso de Debuxo para Nenos. Exposición e entrega de premios con vino de honor. Decembro 2005.



Stand en feiras, fórums ou festivais:

- Participación no Arts Rock Festival, en Ramonville. Stand informativo de presentación de Galicia, no cadro da presentación doutras cultural no devandito festival. Domingo 3 de abril.

- Participación no Día de Europa. Stand informativo con material de información turística e cultural. 9 de Maio.

- Participación no Forom des Langues du Monde Prima de las Lengas, en Toulouse. Stand informativo con material diverso: audio, vídeo, libros e folletos sobre a lingua e literatura galega. 29 de Maio.



Actividades festivas ou de intercambio:

- Reunión dos socios e presentación do vídeo promocional do Encontro de Poesía. Aperitivo gratuito para todos os socios de Casa de Galicia, seguido da proxección de videos sobre Galicia e a presentación oficial do clip promocional do Encontro de Poesía. 2 de abril 2005.

- Actuación de Tanito. Actuación aberta ao público do cómico Tanito, en xira por Francia e Bélxica. 8 de abril 2005.

- Bailes, en Casa de España. Bailes animados pola asociación unha vez por mes.

- Festa da Mocidade, en Casa de España. Reunión dos máis novos para intercambiar ideas e compartir información. Trimestral, datas según disponibilidade.

- Comida e intercambio coa asociación Solidaridad Democrática de Toulouse. Reunión anual dos socios de ambas asociacións, como mostra da amizade que nos une. Decembro 2005.

31.1.05

sampedro en toulouse


toulouse adentro
mira ben!

Está a ver mundo o Ramón Sampedro…

Faise raro ver xa un cartel dunha película que non sexa francesa ou americana, se inda por riba o título está en castelán e o home que che mira é o Sampedro. Non sei, non sei… eu creo que é raro.

En todo caso queriamos participar con esta pequena homenaxe ao filme e a figura do falecido Ramón. Onte entregáronse os premios Goya e Mar Adentro arrasou con todo. Descoñezo qué lectura se pode facer de 14 premios e case 20 millons de €, porque na Academia están a decir que é un mal ano para o cine español e que tal…

Resumindo: a nosa noraboa a todos os premiados (deste e doutros filmes) e unha aperta moi especial aos actores galegos. Esperamos que esto lles supoña novos traballos e novas portas abertas.

[Aproveitamos para queixarnos da retransmisión de Radio 5, que foi bastante mala]

23.1.05

Aveyron

Pois resulta que Judith pasou xa a recoller os abrigos, porque no Aveyron parece que inda vai mais frio ca en Toulouse...

Unha bolsa de auga quente e pra camiña!

Judith tentou o sistema de marchar lonxe, pero nós temos uns brazos moi longos e xa chegamos a onda ela e convencímola para que nos escriba a crónica da súa pelerinaxe a Santiago. Vous allez vous regaler avec son histoire, promis.