25.11.04

que pasa??? toulouse en euskadi???

A pesar de escribir no dossier de prensa que enviei a todos os medios "Casa de Galicia de Toulouse" ben grande (un 26... quand même…), hai xente que non entendeu ben.

Así vai o mundo, con periodistas de nivel "Pourritzer"!

De todas formas, mirade en Vieiros, en Lg3 Literatura ou no Pôle Universitaire Européen, que estes saben ler inda que non todos teñan o programa ao día.

24.11.04

andalucia en minimes

estoy con el ordenador de los andaluces e intento estropearlo... no lo consigo! merde!

habrá que verlos en www.andalucia31.com

se nos va Juanito a Marruecos, que digo yo que a lo mejor es que ya lo tenemos aburrido en Minimes, con tanto lío y tanta reunión... La culpa será de Núñez! Para una vez que los de Casa de Galicia no nos metemos y resulta que al final se va el bailaor.

lo que no sabe es que ahora ya sé dónde están los jamones… (non van durar un minuto, carallo!)

23.11.04

o programa

Coincidindo co seu cuarto ano de existencia, a Casa de Galicia en Toulouse, organiza:
3, 4 e 5 de decembro de 2004 Primeiro encontro de poesía e poéticas galega, occitana e catalana: memoria de linguas e de augas

Este encontro ten por obxectivo o irmandar linguas cinguidas de seu polo elo dunha problemática común, e que amosaron e amosan na súa tradición grandes afinidades poéticas e musicais. A música e a poesía ven sendo, pois, un vencello natural entre tres culturas propias, un vencello que tentamos de facer perenne.
A cidade de Toulouse, pola súa tradición lingüística, por ter sido un dos berces da poesía trobadoresca, e por ter acollido pelegrinaxes, vehículos culturais de primeira orde, é o lugar idóneo para a celebración deste primeiro encontro que se declinará en dous recitais de música e poesía, unha mesa redonda onde saian á luz as vicisitudes e as expectativas destas linguas, a función e a vixencia das súas poéticas e unha exposición bibliográfica que lle dea visibilidade á creación.
Toulouse acolle tamén institucións representativas das nosas culturas: o Casal Catalá, o Institut d’Estudis Occitans, ámbolos dous fundados en 1945, o Conservatorio Occitan, que se creou en 1971, ou a máis recente Casa de Galicia, para dar pervivencia ao seu patrimonio, a un rico fondo plural, froito de tantas e tan diversas migrazóns.
PROGRAMA:
3 de decembro
Universidade de Toulouse-le-Mirail : sala N001
10 h Acollida dos escritores e editores convidados. 11 h Conferencia inaugural de Xosé Luis Méndez Ferrín para os estudantes da UTM.
Biblioteca Universitaria
15 h Discurso de acollida a cargo de don Rémy Pech, rector da Universidade de Toulouse-le Mirail. 16 h Inauguración da exposición bibliográfica « Mémoire de langues et d’eaux » en presenza dos autores, dos editores e do persoal da Bibliothèque Universitaire. 17 h Lecturas poéticas adicadas a Max Roqueta.
Instituto Cervantes
18 h 30 Presentación do filme de Margarita Ledo Andión « Santa Liberdade », en presenza da directora.
4 de decembro
Instituto Cervantes
10 h Acto de apertura. Homenaxe a Max Roqueta. 11 h Mesa redonda : a producción poética occitana, galega e catalana e a súa difusión. Moderadora: Carmen Alén. Intervencións de Jordi Blanc, Peire Gamisans, Patrick Sauzet, Luís González Tosar, Jacques Gourc.
16 h Recital poético occitán 16 h 30 Interludio musical 16 h 45 Recital poético catalán 17 h 15 Interludio musical 17 h 30 Recital poético galego. Lectura do Sirventès pola destrucción de Occitania en occitan. 18 h 30 Clausura pola coral popular de Colomiers : « De linguas e augas »
5 de decembro
10 h 30 Visita da cidade vella. Toulouse en barco. Percorrido polo Garona. Xantar in situ.

afoto dix-i-tal. o mundo nun pixel...



domingo 21, 16 h, a ponte de saint pierre
mira ben!

poeta porque me peta!

Pois xa vedes que o noso é a poesía e as boas rimas…

Estamos xa chegando ao encontro poético trilingüe que tanto traballo está a acarrear. Tras uns problemas e algún cambio de última hora, a cousa parece establecida. Poño agora mesmo o programa enteiro, por se alguén ten curiosidade. Faltan algúns poetas gascóns, pero en canto o teña todo farei as correccións necesarias.

O que xa podo decir agora é unha confirmación dunha opinión persoal. Permítome dende este blog facela pública para que todos o saibades : o director da École Supérieure d'AudioVisuel de Toulouse é un impresentable. Nada novo, conste. Así que castigado sen postre: non che poño o link :-P

O positivo é moito máis importante. Moito traballo de todos nos, moita ilusión, moita motivación ao ver a xente coma F. Pic, M. Laffranque que traballan neste proxecto, ou T. Imízcoz, directora do Instituto Cervantes, que o atopa interesante e nos cede a sala de conferencias. Antes de que esqueza a información: o martes 7 de decembro estará Suso de Toro no Cervantes, para quen lle interese.

Xa me tarda ver toda a xente chegar!

Podedes ver a noticia en Vieiros ou no Pôle Universitaire Européen de Toulouse. O programa que aparece neste último é un programa antigo, asi que non fagades caso. Houbo cambios! Se queredes saber o programa definitivo, cos horarios e lugares correctos podedes escribirnos e respondemos de inmediato. Lembrade: casadegaliciatoulouse@hotmail.com

Para os que non podedes vir, porque hai algo ou alguén que non o permite (vai saber…), voilà unha foto da vila, para que quededes con ganas de visitarnos. Xa sabedes que todo o mundo é ben recibido.

Por certo, que case máis interese que as poesías teño unha certa impaciencia por volver a comer unha desas empanadas torradas que nos fai a nosa poetisa particular ;-)


20.11.04


petitpoulpe! pescado na ria de Andorra (por estas te lo juro!)
mira ben!

benvidos / as

O noso primeiro blog!

Casa de Galicia de Toulouse ten un blog dende xa. Independente e cun toque persoal, este pretende ser un espacio aberto a todos os que queiran deixarnos algunha idea, unha fiestra para aqueles de nos que de repente teñamos algo que dicir (intelixente ou non, iso xa será outra historia...). Dende aquí poñemos aos socios e amigos ao día da vida da asociación, como complemento irreverente da nosa páxina principal. Comentaremos as cousas según vaian pasando.
Non esquezades, de todas formas, mirar os links que vos aconsellamos –on dirait qu’ils sont pas trop mal… :-)

O primeiro unhas viñetas que atopei por “aí”, sobre un barco. Fai click sobre a verba de cor, ou andas parvo/a?