23.11.04

poeta porque me peta!

Pois xa vedes que o noso é a poesía e as boas rimas…

Estamos xa chegando ao encontro poético trilingüe que tanto traballo está a acarrear. Tras uns problemas e algún cambio de última hora, a cousa parece establecida. Poño agora mesmo o programa enteiro, por se alguén ten curiosidade. Faltan algúns poetas gascóns, pero en canto o teña todo farei as correccións necesarias.

O que xa podo decir agora é unha confirmación dunha opinión persoal. Permítome dende este blog facela pública para que todos o saibades : o director da École Supérieure d'AudioVisuel de Toulouse é un impresentable. Nada novo, conste. Así que castigado sen postre: non che poño o link :-P

O positivo é moito máis importante. Moito traballo de todos nos, moita ilusión, moita motivación ao ver a xente coma F. Pic, M. Laffranque que traballan neste proxecto, ou T. Imízcoz, directora do Instituto Cervantes, que o atopa interesante e nos cede a sala de conferencias. Antes de que esqueza a información: o martes 7 de decembro estará Suso de Toro no Cervantes, para quen lle interese.

Xa me tarda ver toda a xente chegar!

Podedes ver a noticia en Vieiros ou no Pôle Universitaire Européen de Toulouse. O programa que aparece neste último é un programa antigo, asi que non fagades caso. Houbo cambios! Se queredes saber o programa definitivo, cos horarios e lugares correctos podedes escribirnos e respondemos de inmediato. Lembrade: casadegaliciatoulouse@hotmail.com

Para os que non podedes vir, porque hai algo ou alguén que non o permite (vai saber…), voilà unha foto da vila, para que quededes con ganas de visitarnos. Xa sabedes que todo o mundo é ben recibido.

Por certo, que case máis interese que as poesías teño unha certa impaciencia por volver a comer unha desas empanadas torradas que nos fai a nosa poetisa particular ;-)


Aucun commentaire: