Coincidindo co seu cuarto ano de existencia, a Casa de Galicia en Toulouse, organiza:
3, 4 e 5 de decembro de 2004 Primeiro encontro de poesía e poéticas galega, occitana e catalana: memoria de linguas e de augas
Este encontro ten por obxectivo o irmandar linguas cinguidas de seu polo elo dunha problemática común, e que amosaron e amosan na súa tradición grandes afinidades poéticas e musicais. A música e a poesía ven sendo, pois, un vencello natural entre tres culturas propias, un vencello que tentamos de facer perenne.
A cidade de Toulouse, pola súa tradición lingüística, por ter sido un dos berces da poesía trobadoresca, e por ter acollido pelegrinaxes, vehículos culturais de primeira orde, é o lugar idóneo para a celebración deste primeiro encontro que se declinará en dous recitais de música e poesía, unha mesa redonda onde saian á luz as vicisitudes e as expectativas destas linguas, a función e a vixencia das súas poéticas e unha exposición bibliográfica que lle dea visibilidade á creación.
Toulouse acolle tamén institucións representativas das nosas culturas: o Casal Catalá, o Institut d’Estudis Occitans, ámbolos dous fundados en 1945, o Conservatorio Occitan, que se creou en 1971, ou a máis recente Casa de Galicia, para dar pervivencia ao seu patrimonio, a un rico fondo plural, froito de tantas e tan diversas migrazóns.
PROGRAMA:
3 de decembro
Universidade de Toulouse-le-Mirail : sala N001
10 h Acollida dos escritores e editores convidados. 11 h Conferencia inaugural de Xosé Luis Méndez Ferrín para os estudantes da UTM.
Biblioteca Universitaria
15 h Discurso de acollida a cargo de don Rémy Pech, rector da Universidade de Toulouse-le Mirail. 16 h Inauguración da exposición bibliográfica « Mémoire de langues et d’eaux » en presenza dos autores, dos editores e do persoal da Bibliothèque Universitaire. 17 h Lecturas poéticas adicadas a Max Roqueta.
Instituto Cervantes
18 h 30 Presentación do filme de Margarita Ledo Andión « Santa Liberdade », en presenza da directora.
4 de decembro
Instituto Cervantes
10 h Acto de apertura. Homenaxe a Max Roqueta. 11 h Mesa redonda : a producción poética occitana, galega e catalana e a súa difusión. Moderadora: Carmen Alén. Intervencións de Jordi Blanc, Peire Gamisans, Patrick Sauzet, Luís González Tosar, Jacques Gourc.
16 h Recital poético occitán 16 h 30 Interludio musical 16 h 45 Recital poético catalán 17 h 15 Interludio musical 17 h 30 Recital poético galego. Lectura do Sirventès pola destrucción de Occitania en occitan. 18 h 30 Clausura pola coral popular de Colomiers : « De linguas e augas »
5 de decembro
10 h 30 Visita da cidade vella. Toulouse en barco. Percorrido polo Garona. Xantar in situ.
0 commentaires:
Enregistrer un commentaire